Sabido é por todos (os que se queren enterar) que os grandes medios de comunicación tamén denominados mass merda adícanse sistematicamente ao macabro xogo de terxiversar a realidade en base aos intereses particulares dos editores dos medios.
Agora ben, a veces non reflexionamos axeitadamente até onde chega esa manipulación diaria e xeneralizada. Todos somos testigos de continuas campañas de acoso, intento de derribo e difamación continua que se tornan evidentes cando falamos por exemplo de Venezuela.
Maximizar os puntos negativos e minimizar os positivos, a manipulación xeneralizada fíltrase de arriba a abaixo e abrangue a practicamente todos os mass merda existentes.
Pero non se trata de facer afirmacións gratuitas, senón de presentar probas. No seguinte enlace poderedes comprobar como os medios occidentais de todas as supostas democracias (non só do estado español) manipulan demostradamente as noticias, mesmo de xeito máis evidente que o que pensabamos ate o de agora moitos, directamente inventando as noticias.
Velaí as probas de manipulación sobre unha presa fácil para os medios carroñeiros do poder das corporacións sobre o pobo, o caso de Corea do Norte.
http://depyongyangalahabana.blogspot.com.es/2013/12/manipulacion-contra-corea-del-norte-2013.html