Tres milisegundos moi caros

Krugman

Paul Krugman o socialdemócrata gañador do premio Nóbel de Economía en 2008 relata neste artigo un episodio máis de como a financiarización impón a súa lóxica sobre a economía e as necesidades reais da poboación, desprazándonos máis e máis cara unha futura sociedade policial e corporativa como a narrada na serie de ciencia ficción Continuum.

Neste caso pon de exemplo a construcción dun túnel para un cable de fibra óptica que vai aforrar 3 milisegundos para o tráfico de dados entre Chicago e Nova Iorque construido para beneficiar ás máquinas do Trading de Alta Frecuencia (HFT) namentras unha ponte por baixo do río Hudson entre Nova Iorque e Nova Jersey, moi necesaria para o tráfico de pasaxeiros, acaba de ser descartada polas autoridades republicanas dese estado.

Tres milisegundos muy caros

http://economia.elpais.com/economia/2014/04/17/actualidad/1397765288_987700.html

Publicado en Economía, Economía Chanante | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Manipulando enquisas

Enquisa

A veces que cando realizamos o traballo de recopilar certos artigos en base ao seu interese parécenos atopar residuos de realidade que explican moito máis do que creiamos saber dos temas, incluso aínda que posuiramos un coñecemento previo considerable.

Pois manipulando enquisas é un deses artigos que relatan con total crudeza a realidade que vivimos e que se revela simple e evidente cando rematas de ler. Aínda que antes supuxeras algunhas das cousas que nel se din nunca as imaxinaches en todo o seu alcance.

Ultimamente teño esta sensación moitas máis veces das que pensaba que é razonable tela, pero para mostra un botón:

Manipulando enquisas é unha clara descripción da utilidade real que teñen as enquisas electorais nun sistema político. Os máis inxenuos imaxinan que as enquisas electorais serven para coñecer a intención de voto.

Os máis avispados xa se imaxinan que en realidade serven para moldear a opinión pública publicitando os apoios ás opcións políticas que conveñen ideoloxicamente ao “pagador” da enquisa, é dicir, constitúen un fin en si mesmas para a “creación de opinión” e para nada constitúen erros ou aberracións, son publicidade encamiñada as máis das veces a desincentivar o voto dos partidos minoritarios máis que a axudar aos partidos beneficiados por elas..

A proba do algodón é facerse a pregunta Esta enquisa perxudica ao medio (partido, etc) que a encargou e pagou? Si/Non

A resposta sempre é un Non claro, matizando que sempre teñen que ter algún viso de realidade (non sería creíble por exemplo dicir que o PP nas europeas vai subir, pero si que aínda baixando será o partido máis votado).

Manipulando encuestas

http://yocontraelmundo.es/manipulando-encuestas

Publicado en Manipulación | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Resposta ao Instituto Nacional de Estatística

INE

Novamente Roberto Centeno (Columnista de Opinión do dixital dereitista “El Confidencial”) escribe sobre o INE (Instituto Nacional de Estatística), a calidade dos dados (ou máis ben falta dela) debido á súa extrema politización a favor sempre do poder político de turno.

Este artigo é consecuencia doutro anterior “Desconfianza estatística crecente” tamén publicado neste blog no que se publicou unha resposta de disconformidade do INE co que alí se expresaba. Lonxe de recuar o xornalista agora abunda novamente en aspectos concretos que inciden na baixa calidade estatística, o INE agora cala.

Hai que ter en conta que, a pesar do seu grande interese, o artigo tamén ten desvaríos centralistas e ideolóxicos que afean a excelencia do mesmo, como por exemplo a petición de eliminación das autonomías ou a fixación enfermiza con Zapatero mentras xulga moito máis condescendientemente a etapa de Rajoy que, a nível de manipulación estatística, non ten precedentes na súa profundidade, extensión e intensidade respecto de calquera etapa anterior.

http://blogs.elconfidencial.com/economia/el-disparate-economico/2014-04-16/respuesta-al-instituto-nacional-de-estadistica_117317/#commentList

Publicado en Economía, Economía Chanante, Manipulación | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Ucrania como Waterloo do imperio dólar

waterloo-charge

Artigo en extremo interesante sobre os verdadeiros motivos da crise ucraniana (relaccionase coa crise monetaria nos BRICS despois do inicio da retirada da QE).

Se ben constitúe en boa medida un exercicio de política-ficción elaborado dende a non-neutralidade si que resulta interesante a descripción dun mecanismo de defensa das economías rusa e china fronte ás occidentais e a seu hipotético paso cara o ataque (financeiro) destes os dous países asiáticos contra o dólar.

“O supremo na arte da guerra consiste en someter ao inimigo sen dar batalla”

Sun Tzu “A arte da guerra”

http://pt.calameo.com/read/00028129010791da7a63b

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Anulada a privatización da Auga en Alcázar de San Juan

Quixote

O Tribunal Central Administrativo de Recursos Contractuais anulou a venda do 52% da empresa Aguas de Alcázar á privada Aqualia.

http://www.eldiario.es/sociedad/alcazar-alcazar_de_san_juan-agua-paralizacion-privatizacion-justicia_0_249875195.html

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

O índice de progreso social, alternativa ao PIB

Libro Stiglitz

Neste estupendo artigo no Blog Salmón pódese atopar cumprida explicación sobre o Índice de Progreso Social e as súas grandes diferencias co PIB

http://www.elblogsalmon.com/entorno/el-indice-de-progreso-social-2014

Publicado en Economía | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Por qué China non quere ser como occidente?

China autoestrada

No seguinte artigo ofrécese unha boa explicación de porqué en China a democracia e outros valores son alí asociados aos países occidentais e son vistos con recelo por unha maioría.

http://lafiebre-amarilla.blogspot.com.es/2013/09/por-que-china-no-quiere-ser-como.html

Publicado en China | Etiquetado , , | Deixar un comentario

“Flash Boys”: o libro sobre a manipulación dos ordenadores na bolsa revoluciona os mercados

Economía Chanante

As máquinas de alta frecuencia ou High Frequency Trading (HFT) son as responsables de máis da metade das operacións bursátiles de EEUU e do 36% das europeas. “Os mercados bursátiles están amañados”. Esta frase, que é habitualmente pronunciada por moitos críticos do sistema financeiro, extendeuse o martes polas redes sociais.

http://www.eldiario.es/economia/Flash-Boy-incendia-Twitter-FBI-HIG-high_frequency_trading_0_245326514.html

Publicado en Economía, Economía Chanante | Etiquetado , | Deixar un comentario

Ecoar chama á participación activa na “Marcha da Dignidade” do 22 de Marzo 2014

Ecoar LogoEcoar

A dignidade é a calidade humana mediante a cal nos facemos respectar e valorar. Dignidade, é o concepto clave que debe guiar a saída deste sistema inxusto no que nos atopamos. Dignidade, é o que empregamos para crebar a estrutura actual e afastarnos definitivamente do capitalismo inhumano e devastador que abafa as nosas vidas. Dignidade é o que nos fai construír unha resposta social frontal e clara con este sistema…

 

http://www.marchasdadignidade.blogspot.com/2014/03/ecoar-chama-participacion-activa-nas.html

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Vixiancia Aduaneira aporta probas dos enchufes de Acuagest en máis concellos

Pikachu

Novas probas aportadas ao xuiz da corrupción e nepotismo da empresa de Acuagest en moitos máis Concellos dos que se sabía ate o de agora que foron comprados con favores.

Aduanas sospecha de favores de Aquagest en más municipios

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/03/31/galicia/1396291371_522626.html

Publicado en Acuagest, Compostela, Corrupción, Remunicipalización | Etiquetado | Deixar un comentario

Desconfianza estatística crecente

Chart Down

Desconfianza estatística crecente non é un simple artigo de opinión sobre a manipulación xeneralizada dos dados estatísticos en Españistán. Non o é porque aporta probas, unha visión histórica do problema e unha análise das súas consecuencias:

Sin buenas estadísticas, y sin la transparencia e independencia del INE, no será posible realizar un buen diagnóstico ni, por tanto, tomar las decisiones adecuadas para enderezar el rumbo del grave problema de la vivienda.

Ademais ao final do mesmo aporta unha nota remitida polo INE (Instituto Nacional de Estatística) acerca do artigo publicado. Lonxe de despexar as lóxicas dúbidas sobre a falta de calidade e politización dos dados que presenta este organismo o que fai é xustificar as súas posturas engañosas acompañadas dunha aclaración, iso si, de como son feitas as estatísticas con discreccionalidade:

Además, la metodología y procedimientos de las operaciones estadísticas son sometidas a dictamen previo por parte de terceros a través del Consejo Superior de Estadística y a una evaluación posterior periódica, entre otras instituciones, por parte de Eurostat.

É dicir que primeiro elaboran as estatísticas, logo piden un consello (non vinculante) a un organismo europeo e, a posteriori as estatísticas supostamente son enmendadas por Eurostat se así o requiren (unha vez presentadas as súas conclusións na prensa).

 

Desconfianza estadística creciente

http://vozpopuli.com/blogs/4225-ainurrieta-desconfianza-estadistica-creciente

Publicado en Economía, Manipulación | Etiquetado , | Deixar un comentario

A Tarifa Eléctrica e a Economía do Ben Común (Vídeos)

A continuación preséntanse dous vídeos das “Xornadas de Economía Sostible” organizadas por ADEGA-Lugo en Xaneiro de 2014. Os temas abordados son de gran interese para a cidadanía consciente e explican a problemática sobre a Tarifa Eléctrica e aportan unha introducción sobre a “Economía do Ben Común“.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Novas de actualidade económica 30-3-2014

Keiser-Report

http://actualidad.rt.com/programas/keiser_report/view/123692-keiser-report-espanol-planeta-jovenes

Nova análise do programa de Max Keiser e Stacy Herbert “Keiser Report” sobre a situación da xente nova en Europa no que tamén menciona ao que sucede no estado español e ás súas causas. Analiza a burbulla inmobiliaria en varios países do mundo e remata coa entrevista a Liam Halligan xornalista de The Telegraph sobre aspectos económicos e xeopolíticos da crise ucraniana.

Por outra banda atopamos un novo de Juan Laborda en Voz Populi que repasa a maquillaxe dos datos de déficit presentados o venres por Cristóbal Montoro e denomina ao estado español como “Exemplo de Monarquía Bananeira

España, ejemplo de Monarquía bananera

http://vozpopuli.com/blogs/4224-juan-laborda-espana-ejemplo-de-monarquia-bananera

Publicado en Economía, Europa, Rusia, Ucrania | Etiquetado , , , , , | Deixar un comentario

Comeza o saqueo de Ucrania

Saqueo Ucrania

Hoxe deuse o pistoletazo de saída ao saqueo de Ucrania e a esclavización de facto dos seus cidadáns mediante o que serán medidas económicas draconianas.

O Fondo Monetario Internacional (FMI) presentou hoxe ante os medios de comunicación internacionais (suponse que hai varios aínda que na práctica non o parece como se explicará máis adiante) o principio de acordo xunto co Goberno golpista ucraniano para a próxima subscripción dun crédito a dous anos de 27.000 millóns de $ (19.500 millóns de €).

Moitas cousas merece a pena comentar acerca destes feitos e non só pola gravidade das súas previsibles consecuencias para os 42 millóns de ucranianos (Non será o caso de 2.5 millóns de persoas en Crimea).

O primeiro dato que cómpre destacar é que a negociación dun acordo para subscribir un crédito que vai a lastrar a economía de Ucrania durante décadas estase facendo de costas á súa poboación entre un goberno non escollido polas furnas, froito do golpe de estado do Maidán, xunto co FMI e representantes da Unión Europea e Estados Unidos.

Constitúe un caso de manual de Débeda Odiosa ou Ilexítima na que se contraen obrigas económicas sen coñecemento nin participación cidadá, por parte de actores ilexítimos e como tal debería ser denunciada e rexeitada, tendo en conta que ate Maio non se celebran eleccións (Veremos se serán libres, moi probablemente non o serán).

No xornal El Mundo (des)informan que a metade desa cantidade total (entre 10-13.000 millóns $) será aportada polo FMI e a outra metade por outros organismos internacionais. ¿Quen aporta a outra metade? De momento é un dato que se esforzan por ocultar e que pase desapercibido. Seguramente o saberemos os próximos días xa que é difícil que prosiga oculto moito tempo.

Con moita probabilidade os outros organismos internacionais doantes de tan fabulosa cantidade de diñeiro son os que promoveron o golpe de estado en Ucrania, é dicir, Estados Unidos e a Unión Europea. Publicitar o emprego de inxentes cantidades de diñeiro en un país que nin tan sequera era ata o de agora un aliado militar resulta claramente bochornoso por quen impón medidas draconianas de austeridade aos seus propios habitantes nun caso e por quen ten que solicitar cada seis meses incrementos do teito da débeda pública no Congreso, no outro caso.

Son polo tanto miles de millóns que se lles furtan aos cidadáns propios, moitos que atravesan graves dificultades económicas, para prestarllo a un país que ate ben pouco tan só unha minoría oira tan sequera nomear. Polo tanto tamén é claramente ilexítima esta decisión que se toma de costas aos cidadáns que pagan impostos.

Mención aparte é o que lles agarda aos cidadáns ucranianos en forma de advenimento da austeridade, con todos os pasos xa sufridos por outros e que en vez de comentar recomendo a lectura do comentarios da noticia do xornal El País que se adxunta ao final.

Nin que decir ten que no caso da Unión Europea un país membro de pleno dereito foi sometido ao saqueo das contas correntes nos seus 2 primeiros bancos pola metade do diñeiro que se lle da a Ucrania. Resultando gravemente afectadas case todas as súas empresas, institucións públicas, e tamén, dalgúns extranxeiros con contas de conveniencia como 3º maior factor…

Un espéctaculo dantesco en Chipre que un ano despois segue sometida a un corralito e a un férreo control de capitais, cunha economía en caída libre e con previsións de máis do mesmo.

Recordemos que afundiron sen dubidar un instante a economía de Chipre por unicamente 10,000 millóns de Euros (5.000 millóns en saqueo de contas), un 50% do que se quere empregar en Ucrania, co que se terían evitado o peche de miles de empresas a reducción de centos de miles de salarios, a caída no paro de deceas de miles e, posiblemente a morte silenciosa de centos de persoas sen recursos que foron abandonadas á súa sorte.

Unha medida calificada polos propios responsables europeos como un experimento ao que poderían someterse outros países. Un ano despois os bancos de Chipre rexistraron unha caída dos depósitos 20.000 millóns de euros (sobre os 70.000 millóns que dispuñan) a pesar do corralito e dos controis de capital, o dobre do rescate e catro veces máis que a cantidade saqueada das contas. Demostración flagrante de que ou ben foi un fracaso ou ben este era o obxectivo que se reptirá máis veces (decisión esta última que foi a adoptada por Bruxelas).

Os cidadáns foron tratados de cebo para tabeiróns e algún día os responsables desta mega-estafa deberían ser xulgados por un tribunal internacional.

Mención aparte merece o tratamento informativo por parte dos grandes medios desinformativo que nestes momentos xa se realiza de xeito parello a calquera dictadura sen liberdade de expresión nunha clara deriva cara o totalitarismo ao que sin duda se dirixen os países da Unión Europea.

Os eufemismos (como “axuda” en vez de “crédito”), as terxiversacións (a suba do 50% da tarifa do gas en Ucrania aparece como medida imposta polo FMI para non dicir que en realidade é Rusia quen sube a tarifa e que sigue abastecendo de gas a Ucrania…pero sobretodo a uniformidade da información que en case todos os medios é exactamente a mesma cuns cambios que se limitan a algun detalle e algunha frase.

Este feito é realmente grave porque a continuación pódense ver noticias provintes das principais axencias e en todas a mensaxe é a mesma, limitándose a cacarexar os argumentos que interesa vender aos incautos lectores.

El FMI anuncia un paquete de ayuda de 19.500 millones de euros a Kiev (Varias Axencias)

http://internacional.elpais.com/internacional/2014/03/27/actualidad/1395907944_036858.html

El FMI anuncia una ayuda de 19.500 millones a Ucrania (Axencia EFE)

http://www.farodevigo.es/economia/2014/03/27/fmi-anuncia-ayuda-19500-millones/994080.html

El FMI acuerda con Ucrania un programa de ayudas de hasta 13.000 millones (Europa Press)

http://www.heraldo.es/noticias/internacional/2014/03/27/el_fmi_acuerda_con_ucrania_programa_ayudas_hasta_000_millones_278678_306.html

Ucrania recibirá hasta 19.600 millones de euros en dos años, según el FMI (Axencia EFE)

http://www.elmundo.es/internacional/2014/03/27/5333ecf5268e3ec4028b4570.html

Los ucranianos pagarán un 50% más por el gas por exigencia del Fondo Monetario Internacional

http://www.elmundo.es/economia/2014/03/26/533300cbe2704e750a8b457a.html

 

Actualización da derradeira nova de Marco Antonio Moreno en “El Blog Salmón” sobre o tratado de libre comercio transatlántico e Ucrania

Publicado en Economía, Europa, Rusia, Ucrania | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Crise de liquidez provoca pánico bancario en Jiangsu (China)

Jiangsu Bank

Non é a primeira vez que Marco Antonio Moreno do Blog Salmón alerta da situación creada no sistema bancario chino explicando a peculiar forma de funcionamento da chamada banca pantasma, responsable do 40% do crédito suscrito.

Nos últimos 2-3 meses a situación do sistema financeiro chino está vendo como se agravan estes problemas anteriores polo afrouxamento de 30,000 millóns de dólares (nestes momentos) da flexibilización cuantitativa en Estados Unidos que aportaba 85,000 millóns de dólares mensuais a finais do 2013.

A maior parte deste diñeiro novo e gratis fluía cara os mercados financeiros do mundo, nomeadamente cara os países emerxentes, dos que China é o seu máximo expoñente.

Pero non se pode atiborrar ao mundo con diñeiro sen que a xente nun momento dado se decate da precaria situación financeira de Estados Unidos que non pode seguir simulando o actual valor do dólar.

O problema de inxectar cantidades masivas de diñeiro aínda que non chegue á poboación, e non cree inflacción polo tanto, é que en calquera momento os inversores poderían pensar que en realidade Estados Unidos está xa quebrado de facto e o dólar polo tanto non vale nada (ou moi pouco).

A inestabilidade do sistema financeiro chino ten a suficiente entidade e importancia no mundo como para que potencialmente a súa desestabilización poda extenderse ás outras economías interconectadas co seu sistema bancario. Entre elas en lugar destacado teriamos ao sistema bancario de Estados Unidos e da Unión Europea.

Por estes motivos o interese que suscita a crise inmobiliaria china non é tan so un fenómeno local senón que trascende as fronteiras e pode ter unha importancia global.

Isto sábeo Marco Antonio Moreno do Blog Salmón quen de novo presenta un artigo que incide nos últimos acontecementos neste sentido sobre a notablemente descoñecida, política e economía china e presenta a noticia de corridas bancarias (movemento que antecede ao corralito) sucedida onte en varios bancos da provincia de Jiangsu.

 

Crisis de liquidez provoca las primeras corridas bancarias en China

http://www.elblogsalmon.com/economia/crisis-de-liquidez-provoca-las-primeras-corridas-bancarias-en-china

Publicado en China, Economía | Etiquetado , , , , , | Deixar un comentario

22M O Tren Galego da Dignidade

A Columna Galega marcha a Madrid no Tren da Dignidade para unirse ao reclamo de “Pan, traballo e teito”. Unha viaxe na que confluíron movementos sociais, sindicatos minoritarios, partidos políticos, colectivos profesionais e cidadáns a título individual para esixir unha vida digna para todos e todas. O obxectivo deste vídeo non é outro que amosar esta mobilización cidadá, tamén dos galegos, darlles voz a aqueles que reclaman un cambio de réxime e o empoderamento social. Só quixemos acabar co silenciamento informativo dunha mobilización multitudinaria, sen centrar o discurso na guerra de cifras ou nuns altercados que ensombrecen a loita cidadá polos dereitos fundamentais. Eles teñen a palabra porque “nos tempos do engano universal dicir a verdade é un acto revolucionario”.

Publicado en Acción | Etiquetado , | Deixar un comentario

A manipulación dos indicadores macroeconómicos: 2 A Distorsión Bruta da Prosperidade

PIB

Continuamos cun segundo artigo baseado na traducción dunha parte do informe de Tullet Prebon titulado “Perfect Storm – Energy, Finance and the end of Growth” desta volta o asunto é analizar a metodoloxía estatística de elaboración do Producto Interior Bruto (PIB) baseado no caso de Estados Unidos e así descubrir as chamadas “imputacións” que representan o 16% da medición do PIB sen que haxa ningún tipo de intercambio de diñeiro físico e polo tanto engrosan o PIB unha sexta parte a pesar de que en realidade non existen.

Informe Orixinal Completo: Perfect Storm

(A parte traducida comeza na páxina 50 do informe)

Distorsión 2: A Distorsión Bruta da Prosperidade

O Producto Interior Bruto (PIB) é o indicador aceptado comunmente para medir o estado da producción dunha economía. En 2011 o PIB de Estados Unidos consistiu en 15,1 billóns de dólares un cifra que moitos americanos asumen que probablemente representa enteiramente a dólares reais que poden ser contados.

Isto está moi lonxe de ser o caso porque preto do 16% da cifra dada consiste en “imputacións”. Estas imputacións son dólares que non existen realmente.

Prescindindo deles o PIB totaliza 12,7 billóns de dólares en 2011, o que automaticamente significa que os ratios de débeda son moito maiores do que parecen.

As máis importantes desas imputacións están resumidas na figura 4.4. A maior desas imputacións, equivalente a 1,2 millóns de dólares, refírese ao chamado “aluguer-propietario equivalente”.

Se unha persoa posúe a súa casa definitiva e nin a hipoteca nin o aluguer está pendente de pago, e ningún diñeiro cambia de mans respecto da propiedade, entón a metodoloxía actual do PIB asume que esa propiedade ten unha utilidade maior que unha medida baseada estrictamente no diñeiro en metálico e que incialmente non a mide correctamente.

Polo tanto o PIB contén unha cifra que resulta de sumar o aluguer que o pripietario pagaría (presuntamente a si mesmo) se el non fora o dono da propiedade.

Os gastos dos intereses son retirados pero o resultado neto significa un incremento do PIB que “non sucede en metálico“. A substitución dos gastos reais polos “alugueres imputados” aplícanse non só para os americanos propietarios da súa vivenda senón tamén para os que teñen unha hipoteca.

Por exemplo unha persoa que ten un 50% de participación no capital da súa casa asúmese que paga o aluguer do 100%, en lugar da metade da hipoteca, como é no caso real.

A segunda maior “imputación” refírese aos beneficios sociais dos traballadores empregados (principalmente referido aos gastos médicos pero tamén no referido a dietas e aloxamento) os cales son aportandos aos traballadores tanto de xeito libre como subvencionado. 601.000 millóns de dólares foron imputados no PIB baixo esta categoría.

Os servizos financeiros que son aportados polos bancos (por exemplo as contas correntes). mesmo gratuitamente, son contabilizados do mesmo xeito. Neste caso, a imputación é de 497.000 millóns de dólares en 2011, reflicte o custo deses servizos para o cliente aínda que, na realidade, fóronlle ofrecidos pola súa entidade bancaria gratuitamente.

Hai un debate lexítimo que se refire ao “límite da producción” que se refire á inclusión, ou non, dos servizos que se proporcionan gratuitamente, un bo exemplo serían os coidados aos nenos, aos anciáns ou a outros membros da familia.

Pero a maneira en que actualmente son usadas as “imputacións” para incrementar a escala do PIB americano seguramente están introducindo graves distorsións nos números xeralmente aceptados para a medición da producción.

Ademais os non existentes dólares (os imputados) non poden ser obxecto de tributación obviamente e isto significa que as imputacións fan que a incidencia dos impostos en Estados Unidos pareza ser moito menor do que realmente é.

Os 4,7 billóns de dólares recaudados pola administración pública representan un 31% do PIB en 2011, pero esta carga tributaria sobe ao 37% se retiramos as imputacións do denominador do PIB.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Unha vez máis volvérono facer…

Desinformación

Unha vez máis, os principais medios de desinformación de masas ante unha manifestación de 2 millons de persoas onte en Madrid, destacan os incidentes violentos acontecidos xusto antes da emisión dos telediarios e coa orixe determinada, por todos os informadores presentes na zona, nas propias forzas da “orde” pública.

A única opción responsable da cidadanía crítica coa manipulación dos medios de comunicación é deixar de ser “clientes” insconcientes desa propaganda e esquecer eses xornais e sobretodo telediarios que teñen como función decirnos que é exactamente o que debemos pensar para buscar a información en medios independentes e outros que aínda que teñan algunha orientación ideolóxica determinada candomenos sexan fornecedores de información veraz ou verificable.

A clave deste tema é chegar a comprender o funcionamento desa manipulación informativa, o público obxectivo deses medios non son só os cidadáns acríticos e complacientes co poder establecido, tamén teñen como obxectivo primario a toda a cidadanía crítica co funcionamento do sistema que accede a varios destes medios supostamente para obter distintas versións da realidade e o que obteñen a cambio nada se parece a iso.

Moita xente con vontade unicamente de “acceder á información” absorve gracias a estes medios todo tipo de argumentos e situacións favorables a estes “creadores de opinión” mesmo de xeito subconsciente, mesmo aínda que sexan contrarios conscientemente aos argumentos que aportan.

mirror_neuron

¿Como sucede isto? Pois é un mecanismo biolóxico debido ás chamadas neuronas de espello, un tipo de neuronas do noso cerebro encargadas da empatía, e polo tanto das conductas de imitación dos comportamentos observados, que é unha forma de aprendizaxe fundamental en todos os primates (non so do ser humano).

Este tipo de neuronas son básicas para explicar o noso comportamento e só os psicópatas, os ricos e famosos, e poucas persoas máis, son capaces de sustraerse ao seu efecto considerándose un problema psicolóxico que pode ter efectos perniciosos e desadaptativos nas persoas.

O resto das persoas, a inmensa maioría, aprendemos subsconcientemente os argumentos aportados mesmo aínda que sexamos conscientemente contrarios a eles, de xeito que ao ter interiorizados eses argumentos reaccionaremos inmediatamente ao escoitalos de novo, e intentaremos xustificar a nosa postura contraria, o que os demais asumirán como unha postura netamente defensiva que tenderán a minusvalorar con respecto aos argumentos “atacantes” ou “dominantes”.

Esta é a razón de que os contrarios ao sistema imperante sexamos tamén un público obxectivo primario deses medios de desinformación de masas e debemos saber que a única forma de evitación efectiva dos seus efectos de “creación de opinión” é NON interaccionar con eses medios, tanto co sentido da vista como co sentido do oído.

Paradoxicamente non empregamos esta forma de aprendizaxe tan eficaz nos nosos colexios e universidades, nas que a memorización e a repetición constitúen a principal e anticuada forma de ensino de conceptos. Isto pode ser explicado porque o obxectivo tradicional do sistema educativo é formar traballadores para preparalos para a “rutina” do traballo, ao xeito das corporacións industriais tradicionais. Sen embargo todos sabemos intuitivamente que moitos dos nosos mellores profesores eran os que nos facían empatizar coa materia de estudo. Curioso.

A suxestión, a persuasión, a teoría de xogos e outras técnicas que poden ser usadas para a creación de opinión son tecnoloxías comportamentais empregadas polos grandes medios e como tecnoloxía, é como debemos observalas para poder coñecer o seu funcionamento e efectos e, subseguintemente poder chegar a evitar os seus efectos perniciosos.

Neste blog podedes atopar un interesantísimo post no que se comentan as moitas cuestións respecto da desinformación de masas observadas respecto da manifestación masiva de onte en Madrid…

La era de la “desinformación”…

http://encanarias.wordpress.com/2014/03/23/la-era-de-la-desinformacion

Publicado en Manipulación, Mass Merda | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Medran as voces que alertan da Mega Burbulla do Crédito

easy credit

Novamente medra o número de analistas económicos que escriben relatos acerca dunha suposta apocalipse económica debido á Burbulla do Crédito e a Débeda.

O problema posto de manifesto no conto de Pedro e o Lobo é que se se alerta moitas veces de que ven o lobo, e este non ven, logo ninguén che creerá, incluso cando veña de verdade.

O cerne do problema da economía mundial postcrise de Lehman Brothers é que dende que deu comezo en 2008, a solución adoptada por Estados Unidos, Unión Europea, Gran Bretaña e Xapón foi a merca masiva por parte dos gobernos da débeda tóxica que acumulan as entidades privadas via impresión de diñeiro (que popularmentte recibe este nome pero consiste en apuntes de números en contas bancarias e non a impresión de billetes físicos).

DEBTOCRACYEsta forma de actuar foi unha fuxida cara adiante que optou, en vez de atacar a causa dos problemas, en dar máis droga ao drogadicto da débeda tal e como se puña de manifesto en 2011 no excelente documental grego Deudocracia.

Foi a chamada flexibilización cuantitativa en Estados Unidos e Gran Bretaña, a política do Abenomics en Xapón, e a compra masiva de débeda aos bancos por parte do Banco Central Europeo.

Esta política ocasionou unha expansión monetaria sen precedentes na historia da humanidade e inundou de diñeiro aos mercados financeiros do mundo pero non así á chamada economía real, referida a bens e servizos tanxibles e ao benestar económico.

Os tipos de interese reducíronse no periodo postcrise como xeito de subvencionar aos moribundos bancos ateigados de débeda tóxica e, a inflacción acusa unha preocupante tendencia cara a deflacción (que significa depresión económica) a pesar das terxiversadas cifras estatísticas desa inflacción notablemente maquilladas para manter baixa a cifra real.  O certo é que a clara tendencia a diminuir da inflación lévanos indefectiblemente ao seguinte capítulo desta crise de débeda.

E neste capítulo é onde estamos agora para o que comezaremos vendo a onde vai parar esta xigantástica cantidade de diñeiro.

Se imprimes diñeiro masivamente por enriba do que debes e este diñeiro chega a unha economía real que non o necesita a resposta habitual é un crecemento desbocado da inflacción.

Pero se este diñeiro inunda somentes aos mercados financeiros, os receptores do mesmo son as poucas persoas (os moi ricos especialmente) que están implicados nunha economía financeira pechada para os comúns, mesmo incluindo neste grupo aos pequenos inversores, que actúan sendo os pagadores reais do diñeiro.

Deste xeito os únicos productos que resultan afectados pola inflacción son os que consumen estas persoas máis pudentes:

Ferrari_F430

-Os “activos inmobiliarios” con maior demanda nos mercados de luxo como en Londres ou en varias cidades de Estados Unidos e, en xeral, no centro de moitas grandes cidades por todo o mundo.

-Os coches de luxo como Ferrari

-O arte de autores recoñecidos ou as vendas de artigos de luxo como as xoias

Aínda que sobretodo do anterior a maior cantidade de diñeiro vai parar directamente aos mercados financeiros máis rendibles por especulativos, pero tamén por volátiles, isto quere dicir ás bolsas de valores de todo o mundo pero especialmente ás dos países chamados emerxentes.

Claro que o problema de curar a síndrome de abstinencia dun drogadicto dándolle máis droga indica claramente que podemos dirixirnos cara un desastre. O problema de ir aumentando a cantidade de droga para que a síndrome de abstinencia non se manifeste é que chega un momento en que hai que parar senón provocariamos unha morte por sobredose do suxeito.

Na metáfora da morte por sobredose a analoxía no mundo económico ven representada pola perda total de valor da moeda propia. Podemos asimilar isto a unha inflacción extrema que conleva unha perda de valor case total do diñeiro fiduiciario.

Cando se inxectan cantidades masivas de diñeiro na economía ao principio non pasa máis que unha gran liquidez invadindo os mercados financeiros do mundo pero se continúas por ese camiño indefinidamente, aínda que non haxa formalmente inflacción, nun momento dado os inversores poden decatarse de que a túa moeda, en realidade, non vale nada.

Nese momento ocurriría un desplome súbito das moedas suxeitas á flexibilización cuantitativa, nomeadamente o dólar e a libra esterlina.

Neste escenario, no seu desenlace, é onde parecemos atoparnos. A conveniente retirada de Ben Bernanke como presidente da reserva federal veu xunto cun inicio da retirada de estímulos económicos, ou sexa, da flexibilización cuantitativa en Estados Unidos.

Esta retirada será gradual durante o 2014, dende 85.000 millóns de dólares mensuais ate a 0. A baixada da inflacción ate o límite da deflacción formal (a inflacción real é máis elevada debido á manipulación da estatística contable) marca o punto de inicio do freo aos estímulos aínda que oficialmente este inicio atribúese a unha baixada da taxa do paro por baixo do 6.5% o certo é que moitos operadores saben que a recente baixada da taxa do paro débese aos artificios contables en que os gobernos dos países occidentais están embarcados de cara a eliminar a “unicamente a contabilidade” de moitos parados reais das estatísticas de emprego.

Como pode explicarse que se existise unha recuperación da economía real na que hai grandes baixadas do paro, a pesar do escaso crecemento do PIB, entón a inflacción estea diminuindo en vez de medrar?

A resposta é simple, non existe esa recuperación e por iso a xente da rúa non a nota, nin en Españistán, nin en Estados Unidos.

Sen embargo a baixada da inflacción permite tentar reducir a droga da débeda e así evitar a sobredose que é a metáfora empregada no exemplo anterior para referirnos a unha perda masiva e súbita de valor do dólar nomeadamente.

Yellen

O 19 de Marzo de 2014 a recén incorporada presidenta da FED Janet Yellen tomou a decisión da terceira reducción da flexibilización cuantitativa reducindo aos 55.000 millóns de dólares mensuais a inxección de nova débeda. Dende a primeira reducción ate a terceira varios feitos significativos teñen ocorrido.

Afección ás bolsas: Os mercados de todo o mundo resultaron afectados con perdas significativas derivadas da retirada de liquidez. Especialmente resultaron afectadas as bolsas dos países emerxentes que é onde fluía principalmente o diñeiro da QE, por ser unha inversión máis rendible.

Burbulla inmobiliaria en China: Varias empresas importantes relaccionadas coa promoción inmobiliaria quebraron en China e foron deixadas caer polo goberno. Diversas análises fan referencia ao estourido da crise inmobiliaria China.

Outros analistas falan do posible estourido da mega-burbulla do crédito fácil mesmo dende unha óptica incluida dentro do pensamento económico neoliberal.

Noutras análises interprétase como totalmente inviable a retirada total de estímulos monetarios porque aparecerían síntomas de perda grave de confianza no dólar, e isto ocasionaría a recaida na adicción á débeda.

Precisamente neste último escenario a recaída nos estímulos interprétase como o pistoletazo de saída da desconfianza dos mercados e a unha perda do valor do dólar e á revalorización do ouro.

Sen embargo o escenario esperado pola FED ven representado por unha mellora económica e unha recuperación do PIB e máis da inflacción.

Entre as dúas anteriores posibilidades que abranguen dende á recuperación ate o desplome do valor do dólar é entre onde se atopan todos os posibles escenarios do futuro próximo.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Catastroika: A outra verdade sobre a austeridade en Grecia

Catastroika“Ninguén privatiza ou desregula sen que exista un martelo sobre as súas cabezas” documental sobrea a privatización en Grecia.

Extracto na Vanguardia:

http://www.lavanguardia.com/internacional/20120616/54312715517/catastroika-grecia-documental.html

Documental completo con subtítulos en castelán:

https://www.youtube.com/watch?v=EIl7Jw-gCkc (1h 27′)

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario