O Rei Baltasar protesta contra as coitelas de Melilla arriscándose á súa deportación

BaltasarO Rei Baltasar da Praza do Obradoiro foi atopado sano e salvo dous días despois de ter sido supostamente secuestrado por malandríns que o deixaron diante da Secretaría Xeral de Inmigración da Xunta de Galiza cun cartaz que protestaba contra as coitelas da valla de Melilla.

Esta acción tamén pode sairlle cara ao mesmo Rei Baltasar xa que debido á súa pel escura podería ser identificado polas forzas de represión do estado como inmigrante ilegal, e coa nova lei Mordaza que prepara o cavernoso goberno español podería ser deportado a Níxer, Chad ou mesmo posto na fronteira de Marrocos, incluso portando a horrible túnica que leva (que mal gusto).

Na súa pancarta levaba un lema en español (idioma incomprensible que non nos atrevemos a traducir) con diatribas variadas sobre a inmigración. Ante os nosos micros dixo “Lo puse en castejano pa ke me entiendan pero los periódicos de Madriles no ponen lo que dise, hoygan”.Hai Baltasare!! Cando aprenderás que na democracia de Espanhistán non importa o idioma que fales, nunca te escoitarán en ningún caso…

Todas estas accións foron reivindicadas polo grupo Fartas (Fomos Armala Raptando Temporalmente ao Susiño) seguramente vencellado aos Anonymous ou outros dos abundantes grupúsculos disconformes co estado das cousas.

O mesmo na prensa seria (manipulada):

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/22/galicia/1387738030_233726.html

Estas entrada foi publicada en Accións Disruptivas coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s