Así manipulan o IPC

CrashAlgunha vez vas ao súper e ves que os mesmos productos son agora máis caros? Algunha vez te preguntaches porqué cando chegou o euro valía 166 pesetas e, un día despois valía 100 e, o Indice de Prezos ao Consumo (IPC) nunca reflexou nada disto.

Pois é só unha escolma do que trata de explicar o seguinte artículo que non é máis que unha traducción de parte do informe de Tim Morgan de Tullet Preborn titulado “Perfect Storm – Energy, Finance and the end of Growth” que vai adxunto abaixo.

Neste artigo identifícanse as modificacións efectuadas no método de medición do IPC e que ocasionan que non reflexe a suba real dos prezos. Tamén relacciona este caso co crédito fácil que deu orixe á actual crise financeira que levamos 6 anos sufrindo.

A análise dos dados está baseada no caso de Estados Unidos e fai mención a que algo parecido pode suporse en Gran Bretaña onde os servizos básicos rexistraron enormes incrementos de prezos aínda que o IPC manteña que existe unha inflación moderada.

Deste xeito e baseándonos nesta analoxía podemos supor que no estado español e noutros países europeos suceden as mesmas modificacións metodolóxicas. O resultado é o que todos notamos intuitivamente, que os salarios son máis baixos e que os prezos son máis altos do que reflexan as cifras oficiais.

A “Distorsión” dos dados engade tamén unha enorme distorsión dos números que dirixen as políticas económicas de USA, UK e UE cando menos, que podería ocasionar o que se refire o título do informe unha “Treboada Perfecta” sobre o sistema financeiro.

Informe orixinal en inglés:

TPSI_009_Perfect_Storm_009

O alto prezo da infravaloración da inflación

Aínda que perda de calidade dos datos estatísticos foi xeneralizada para moitas cifras macroeconómicas,  poucas series foron tan distorsionadas como as relativas á inflación, e poucas cifras económicas, o maís ben ningunha, teñen unha importancia comparable.

En Estados Unidos, o IPC interanual (Índice de Prezos ao Consumo interanual) foi en 2011 do 3,2%. Sen embargo a cifra enmascara a escalada dos prezos reais que foi probablemente moito maior. Isto é moi significativo, porque a inflación é central para os cálculos de aforro, crecemento, salarios, pensións e subsidios.

Ademais, a infravaloración da taxa de inflacción real rebaixa os cálculos do custe dos créditos representado polas taxas de interés e o prezo dos bonos, un factor que ten desempeñado  un papel moi significativo na escalada do endebedamento durante o “super-ciclo” do crédito.

Os dados de inflación en Gran Bretaña semellan ser tamén demasiado optimistas. O incremento do 38% de media nos salarios semanais entre 2001 e 2011 debería ser un bo incremento comparado co 27% de aumento do IPC no mesmo periodo.

Sen embargo a cifra total de inflación no periodo semella estar estrañamente en desacordo co dramático incremento do custe dos Servizos Básicos como as Gasolinas (+59%), Recibo da auga doméstica (63%), Tarifa da electricidade (+97%) e Gas (+168%).

Aqueles que dubidan da precisión da medición oficial da inflación en Gran Bretaña non teñen moito máis que a intuición para basear as súas sospeitas, ademais da escalada real do prezo dos servizos básicos.

En Estados Unidos  a situación é bastante distinta, e a moito maior transparencia dos dados permitiu aos analistas estudar os cambios metodolóxicos aparecidos durante as últimas 3 décadas na elaboración do IPC. A escala das distorsións detectadas é realmente chocante.

A primeira causa da infravaloración dos dados da inflación ven dada pola aplicación do chamado “Axuste Hedonista”. A intención de incluir o “Axuste Hedonista” é repercutir no IPC as melloras de calidade dos productos. A introducción, por exemplo, dunha mellor calidade de pantalla nunha televisión pode levar a que o Bureau of Labor Statistics (BLS) considere que o prezo da televisión ten baixado mesmo aínda que o seu prezo na tenda de electrodomésticos sexa o mesmo, ou incluso sendo maior. A mellora na calidade do producto, argumentan os estatísticos do BLS, é equivalente a unha reducción do prezo porque o consumidor está obtendo máis producto polo seu diñeiro.

O maior problema do “Axuste Hedonista” é que rompe o vínculo existente entre o índice de inflación e o prezo actual (na tenda) dos productos que mide. Outro é que o “Axuste Hedonista” é subxectivo ao incorporar unicamente as melloras na calidade dos productos pero non o deterioro da mesma.

Por exemplo un novo telefone móbil pode ofrecer unha mellora da funcionalidade (Hedonismo positivo) pero tamén pode supor unha vida máis curta do producto (Hedonismo negativo) e os críticos advirten que os economistas son moi propensos a incorporar a primeira característica pero non a segunda.

A incapacidade de incorporar na medición ao Hedonismo negativo é particularmente importante no caso da substitución dos bens producidos localmente polos productos importados doutros países, un proceso que leva producíndose os últimos 20 anos.

Un Aerógrafo (Dispositivo de pintura) feito en China pode ser máis barato que outro producido en Estados Unidos pero, se a calidade do primeiro é peor, En qué ecuación aparece reflectido ese aspecto?.

Unha segunda área de preocupación polos axustes sobre a inflación é a chamada “substitución”. Se o prezo dos filetes de tenreira sube notablemente, o principio de substitución asume que os consumidores mercarán, por exemplo, máis carne de polo. Como sucede tamén co “Axuste Hedonista” o uso da substitución non somentes rompe co vínculo entre IPC e prezos na tenda, senon que tamén, como ben apunta Chris Mateson, implica que o IPC deixou de medir o “custe da vida” para medir o “custe da supervivencia”.

A “Ponderación xeométrica” tamén xoga un papel significativo na distorsión dos dados da inflación en Estados Unidos. Nalgúns casos as ponderacións asignadas a algúns prezos resultan estranas, por exemplo cos Gastos Médicos que supoñen un 16% do gasto total dos consumidores pero sen embargo ese factor pesa unicamente un 7.8% para a medición do IPC interanual de 2011.

Dende que o proceso de axuste do IPC comezou nos anos 80 a diferencia de resultados coa anterior metodoloxía do IPC interanual non fixo máis que incrementarse. A figura 4.2 proporciona unha idea aproximada do que leva sucedendo durante 3 décadas. A cifra do 3.2% de inflación reportada para 2011 é moi diferente da cifra real de inflación que é probablemente alomenos do 7%. Peor aínda, as cifras oficiais probablemente infravaloran o repunte da inflación que Estados Unidos está vivindo. Unha apreciación realista da inflación probablemente introduciría cambios significativos na política monetaria.

Tomados en conxunto, a infravaloración da perda de poder adquisitivo do dólar é seguramente enorme. Entre 1985 e 2011 os dados oficiais amosan que o Dólar perdeu o 53% do seu valor, pero se incorporamos a infravaloración dos dados introducida polo “Axuste Hedonista”, a “Substitución” e a “Ponderación xeométrica” a perda de capacidade de compra está máis preto do 75%.

As consecuencias da infravaloración da inflación son enormes. En primeiro lugar, por suposto, en vista que a maior parte dos salarios dos americanos están relacionados co IPC, o incremento salarial foi moito menor que como terían sido cos anteriores métodos de medición. Por esta razón é pola que millóns de americanos se sinten máis pobres do que en realidade reflexan as cifras oficiais. Pola mesma razón millón de americanos que teñen referenciado o incremento das súas pensións e subsidios ao IPC notan como o valor real dos seus ingresos descende como resultado dunha severa (e acumulativa) infravaloración da inflación.

O proceso, por suposto, aforrou grandes sumas ao goberno en pagamentos de pensións e outros subsidios.  O cálculo dunha nova base para a infravaloración do IPC dende o principio dos 80 suxire que o sistema da Seguridade Social por si só podería ter implosionado dende hai moitos anos. Noutras palabras o uso dos dados de inflación real podería ter ocasionado unha sensibilización da opinión pública que podería ter forzado ao goberno federal a ser honestos e revisar os níveis de gastos sociais que en realidade foron minguados.

Outra implicación da inflación distorsionada é que o importante papel xogado na creación da burbulla da débeda en Estados Unidos e é que as taxas de interés real foron  negativas dende finais dos anos 90 (Fig 4.3). Collendo 2003 como exemplo a media dos tipos de interés dos bonos do 4.0% foi equiparado a un 1.7% despois de descontar o valor da inflación do 2.3% pero eran claramente negativos en termos reais se o axuste se fai en base á inflación subxacente.

Loxicamente isto fai que o custe de prestar diñeiro sexa certamente inferior que a taxa de inflación. Aínda que a maioría dos americanos non teñan coñecemento de como os números da inflación foron sometidos a unha gradual distorsión a súa experiencia cotiá parece telos levado a entender intuitivamente que o préstamo era barato.

Cremos que os dados de inflación distorsionados xunto cunhas irresponsables políticas de taxas de interés e unha débil regulación lexislativa, foron os maiores contribuintes á imprudente política de préstamos que tanto distorsionou a economía dos Estados Unidos na década anterior á crise financeira.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to Así manipulan o IPC

  1. Pingback: Medran as voces que alertan da Mega Burbulla do Crédito | 4 Monas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s