A veces que cando realizamos o traballo de recopilar certos artigos en base ao seu interese parécenos atopar residuos de realidade que explican moito máis do que creiamos saber dos temas, incluso aínda que posuiramos un coñecemento previo considerable.
Pois manipulando enquisas é un deses artigos que relatan con total crudeza a realidade que vivimos e que se revela simple e evidente cando rematas de ler. Aínda que antes supuxeras algunhas das cousas que nel se din nunca as imaxinaches en todo o seu alcance.
Ultimamente teño esta sensación moitas máis veces das que pensaba que é razonable tela, pero para mostra un botón:
Manipulando enquisas é unha clara descripción da utilidade real que teñen as enquisas electorais nun sistema político. Os máis inxenuos imaxinan que as enquisas electorais serven para coñecer a intención de voto.
Os máis avispados xa se imaxinan que en realidade serven para moldear a opinión pública publicitando os apoios ás opcións políticas que conveñen ideoloxicamente ao “pagador” da enquisa, é dicir, constitúen un fin en si mesmas para a “creación de opinión” e para nada constitúen erros ou aberracións, son publicidade encamiñada as máis das veces a desincentivar o voto dos partidos minoritarios máis que a axudar aos partidos beneficiados por elas..
A proba do algodón é facerse a pregunta Esta enquisa perxudica ao medio (partido, etc) que a encargou e pagou? Si/Non
A resposta sempre é un Non claro, matizando que sempre teñen que ter algún viso de realidade (non sería creíble por exemplo dicir que o PP nas europeas vai subir, pero si que aínda baixando será o partido máis votado).
Manipulando encuestas