Hoxe deuse o pistoletazo de saída ao saqueo de Ucrania e a esclavización de facto dos seus cidadáns mediante o que serán medidas económicas draconianas.
O Fondo Monetario Internacional (FMI) presentou hoxe ante os medios de comunicación internacionais (suponse que hai varios aínda que na práctica non o parece como se explicará máis adiante) o principio de acordo xunto co Goberno golpista ucraniano para a próxima subscripción dun crédito a dous anos de 27.000 millóns de $ (19.500 millóns de €).
Moitas cousas merece a pena comentar acerca destes feitos e non só pola gravidade das súas previsibles consecuencias para os 42 millóns de ucranianos (Non será o caso de 2.5 millóns de persoas en Crimea).
O primeiro dato que cómpre destacar é que a negociación dun acordo para subscribir un crédito que vai a lastrar a economía de Ucrania durante décadas estase facendo de costas á súa poboación entre un goberno non escollido polas furnas, froito do golpe de estado do Maidán, xunto co FMI e representantes da Unión Europea e Estados Unidos.
Constitúe un caso de manual de Débeda Odiosa ou Ilexítima na que se contraen obrigas económicas sen coñecemento nin participación cidadá, por parte de actores ilexítimos e como tal debería ser denunciada e rexeitada, tendo en conta que ate Maio non se celebran eleccións (Veremos se serán libres, moi probablemente non o serán).
No xornal El Mundo (des)informan que a metade desa cantidade total (entre 10-13.000 millóns $) será aportada polo FMI e a outra metade por outros organismos internacionais. ¿Quen aporta a outra metade? De momento é un dato que se esforzan por ocultar e que pase desapercibido. Seguramente o saberemos os próximos días xa que é difícil que prosiga oculto moito tempo.
Con moita probabilidade os outros organismos internacionais doantes de tan fabulosa cantidade de diñeiro son os que promoveron o golpe de estado en Ucrania, é dicir, Estados Unidos e a Unión Europea. Publicitar o emprego de inxentes cantidades de diñeiro en un país que nin tan sequera era ata o de agora un aliado militar resulta claramente bochornoso por quen impón medidas draconianas de austeridade aos seus propios habitantes nun caso e por quen ten que solicitar cada seis meses incrementos do teito da débeda pública no Congreso, no outro caso.
Son polo tanto miles de millóns que se lles furtan aos cidadáns propios, moitos que atravesan graves dificultades económicas, para prestarllo a un país que ate ben pouco tan só unha minoría oira tan sequera nomear. Polo tanto tamén é claramente ilexítima esta decisión que se toma de costas aos cidadáns que pagan impostos.
Mención aparte é o que lles agarda aos cidadáns ucranianos en forma de advenimento da austeridade, con todos os pasos xa sufridos por outros e que en vez de comentar recomendo a lectura do comentarios da noticia do xornal El País que se adxunta ao final.
Nin que decir ten que no caso da Unión Europea un país membro de pleno dereito foi sometido ao saqueo das contas correntes nos seus 2 primeiros bancos pola metade do diñeiro que se lle da a Ucrania. Resultando gravemente afectadas case todas as súas empresas, institucións públicas, e tamén, dalgúns extranxeiros con contas de conveniencia como 3º maior factor…
Un espéctaculo dantesco en Chipre que un ano despois segue sometida a un corralito e a un férreo control de capitais, cunha economía en caída libre e con previsións de máis do mesmo.
Recordemos que afundiron sen dubidar un instante a economía de Chipre por unicamente 10,000 millóns de Euros (5.000 millóns en saqueo de contas), un 50% do que se quere empregar en Ucrania, co que se terían evitado o peche de miles de empresas a reducción de centos de miles de salarios, a caída no paro de deceas de miles e, posiblemente a morte silenciosa de centos de persoas sen recursos que foron abandonadas á súa sorte.
Unha medida calificada polos propios responsables europeos como un experimento ao que poderían someterse outros países. Un ano despois os bancos de Chipre rexistraron unha caída dos depósitos 20.000 millóns de euros (sobre os 70.000 millóns que dispuñan) a pesar do corralito e dos controis de capital, o dobre do rescate e catro veces máis que a cantidade saqueada das contas. Demostración flagrante de que ou ben foi un fracaso ou ben este era o obxectivo que se reptirá máis veces (decisión esta última que foi a adoptada por Bruxelas).
Os cidadáns foron tratados de cebo para tabeiróns e algún día os responsables desta mega-estafa deberían ser xulgados por un tribunal internacional.
Mención aparte merece o tratamento informativo por parte dos grandes medios desinformativo que nestes momentos xa se realiza de xeito parello a calquera dictadura sen liberdade de expresión nunha clara deriva cara o totalitarismo ao que sin duda se dirixen os países da Unión Europea.
Os eufemismos (como “axuda” en vez de “crédito”), as terxiversacións (a suba do 50% da tarifa do gas en Ucrania aparece como medida imposta polo FMI para non dicir que en realidade é Rusia quen sube a tarifa e que sigue abastecendo de gas a Ucrania…pero sobretodo a uniformidade da información que en case todos os medios é exactamente a mesma cuns cambios que se limitan a algun detalle e algunha frase.
Este feito é realmente grave porque a continuación pódense ver noticias provintes das principais axencias e en todas a mensaxe é a mesma, limitándose a cacarexar os argumentos que interesa vender aos incautos lectores.
El FMI anuncia un paquete de ayuda de 19.500 millones de euros a Kiev (Varias Axencias)
http://internacional.elpais.com/internacional/2014/03/27/actualidad/1395907944_036858.html
El FMI anuncia una ayuda de 19.500 millones a Ucrania (Axencia EFE)
http://www.farodevigo.es/economia/2014/03/27/fmi-anuncia-ayuda-19500-millones/994080.html
El FMI acuerda con Ucrania un programa de ayudas de hasta 13.000 millones (Europa Press)
Ucrania recibirá hasta 19.600 millones de euros en dos años, según el FMI (Axencia EFE)
http://www.elmundo.es/internacional/2014/03/27/5333ecf5268e3ec4028b4570.html
Los ucranianos pagarán un 50% más por el gas por exigencia del Fondo Monetario Internacional
http://www.elmundo.es/economia/2014/03/26/533300cbe2704e750a8b457a.html