Unha vez máis volvérono facer…

Desinformación

Unha vez máis, os principais medios de desinformación de masas ante unha manifestación de 2 millons de persoas onte en Madrid, destacan os incidentes violentos acontecidos xusto antes da emisión dos telediarios e coa orixe determinada, por todos os informadores presentes na zona, nas propias forzas da “orde” pública.

A única opción responsable da cidadanía crítica coa manipulación dos medios de comunicación é deixar de ser “clientes” insconcientes desa propaganda e esquecer eses xornais e sobretodo telediarios que teñen como función decirnos que é exactamente o que debemos pensar para buscar a información en medios independentes e outros que aínda que teñan algunha orientación ideolóxica determinada candomenos sexan fornecedores de información veraz ou verificable.

A clave deste tema é chegar a comprender o funcionamento desa manipulación informativa, o público obxectivo deses medios non son só os cidadáns acríticos e complacientes co poder establecido, tamén teñen como obxectivo primario a toda a cidadanía crítica co funcionamento do sistema que accede a varios destes medios supostamente para obter distintas versións da realidade e o que obteñen a cambio nada se parece a iso.

Moita xente con vontade unicamente de “acceder á información” absorve gracias a estes medios todo tipo de argumentos e situacións favorables a estes “creadores de opinión” mesmo de xeito subconsciente, mesmo aínda que sexan contrarios conscientemente aos argumentos que aportan.

mirror_neuron

¿Como sucede isto? Pois é un mecanismo biolóxico debido ás chamadas neuronas de espello, un tipo de neuronas do noso cerebro encargadas da empatía, e polo tanto das conductas de imitación dos comportamentos observados, que é unha forma de aprendizaxe fundamental en todos os primates (non so do ser humano).

Este tipo de neuronas son básicas para explicar o noso comportamento e só os psicópatas, os ricos e famosos, e poucas persoas máis, son capaces de sustraerse ao seu efecto considerándose un problema psicolóxico que pode ter efectos perniciosos e desadaptativos nas persoas.

O resto das persoas, a inmensa maioría, aprendemos subsconcientemente os argumentos aportados mesmo aínda que sexamos conscientemente contrarios a eles, de xeito que ao ter interiorizados eses argumentos reaccionaremos inmediatamente ao escoitalos de novo, e intentaremos xustificar a nosa postura contraria, o que os demais asumirán como unha postura netamente defensiva que tenderán a minusvalorar con respecto aos argumentos “atacantes” ou “dominantes”.

Esta é a razón de que os contrarios ao sistema imperante sexamos tamén un público obxectivo primario deses medios de desinformación de masas e debemos saber que a única forma de evitación efectiva dos seus efectos de “creación de opinión” é NON interaccionar con eses medios, tanto co sentido da vista como co sentido do oído.

Paradoxicamente non empregamos esta forma de aprendizaxe tan eficaz nos nosos colexios e universidades, nas que a memorización e a repetición constitúen a principal e anticuada forma de ensino de conceptos. Isto pode ser explicado porque o obxectivo tradicional do sistema educativo é formar traballadores para preparalos para a “rutina” do traballo, ao xeito das corporacións industriais tradicionais. Sen embargo todos sabemos intuitivamente que moitos dos nosos mellores profesores eran os que nos facían empatizar coa materia de estudo. Curioso.

A suxestión, a persuasión, a teoría de xogos e outras técnicas que poden ser usadas para a creación de opinión son tecnoloxías comportamentais empregadas polos grandes medios e como tecnoloxía, é como debemos observalas para poder coñecer o seu funcionamento e efectos e, subseguintemente poder chegar a evitar os seus efectos perniciosos.

Neste blog podedes atopar un interesantísimo post no que se comentan as moitas cuestións respecto da desinformación de masas observadas respecto da manifestación masiva de onte en Madrid…

La era de la “desinformación”…

http://encanarias.wordpress.com/2014/03/23/la-era-de-la-desinformacion

Estas entrada foi publicada en Manipulación, Mass Merda coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s