Continuamos cun segundo artigo baseado na traducción dunha parte do informe de Tullet Prebon titulado “Perfect Storm – Energy, Finance and the end of Growth” desta volta o asunto é analizar a metodoloxía estatística de elaboración do Producto Interior Bruto (PIB) baseado no caso de Estados Unidos e así descubrir as chamadas “imputacións” que representan o 16% da medición do PIB sen que haxa ningún tipo de intercambio de diñeiro físico e polo tanto engrosan o PIB unha sexta parte a pesar de que en realidade non existen.
Informe Orixinal Completo: Perfect Storm
(A parte traducida comeza na páxina 50 do informe)
Distorsión 2: A Distorsión Bruta da Prosperidade
O Producto Interior Bruto (PIB) é o indicador aceptado comunmente para medir o estado da producción dunha economía. En 2011 o PIB de Estados Unidos consistiu en 15,1 billóns de dólares un cifra que moitos americanos asumen que probablemente representa enteiramente a dólares reais que poden ser contados.
Isto está moi lonxe de ser o caso porque preto do 16% da cifra dada consiste en “imputacións”. Estas imputacións son dólares que non existen realmente.
Prescindindo deles o PIB totaliza 12,7 billóns de dólares en 2011, o que automaticamente significa que os ratios de débeda son moito maiores do que parecen.
As máis importantes desas imputacións están resumidas na figura 4.4. A maior desas imputacións, equivalente a 1,2 millóns de dólares, refírese ao chamado “aluguer-propietario equivalente”.
Se unha persoa posúe a súa casa definitiva e nin a hipoteca nin o aluguer está pendente de pago, e ningún diñeiro cambia de mans respecto da propiedade, entón a metodoloxía actual do PIB asume que esa propiedade ten unha utilidade maior que unha medida baseada estrictamente no diñeiro en metálico e que incialmente non a mide correctamente.
Polo tanto o PIB contén unha cifra que resulta de sumar o aluguer que o pripietario pagaría (presuntamente a si mesmo) se el non fora o dono da propiedade.
Os gastos dos intereses son retirados pero o resultado neto significa un incremento do PIB que “non sucede en metálico“. A substitución dos gastos reais polos “alugueres imputados” aplícanse non só para os americanos propietarios da súa vivenda senón tamén para os que teñen unha hipoteca.
Por exemplo unha persoa que ten un 50% de participación no capital da súa casa asúmese que paga o aluguer do 100%, en lugar da metade da hipoteca, como é no caso real.
A segunda maior “imputación” refírese aos beneficios sociais dos traballadores empregados (principalmente referido aos gastos médicos pero tamén no referido a dietas e aloxamento) os cales son aportandos aos traballadores tanto de xeito libre como subvencionado. 601.000 millóns de dólares foron imputados no PIB baixo esta categoría.
Os servizos financeiros que son aportados polos bancos (por exemplo as contas correntes). mesmo gratuitamente, son contabilizados do mesmo xeito. Neste caso, a imputación é de 497.000 millóns de dólares en 2011, reflicte o custo deses servizos para o cliente aínda que, na realidade, fóronlle ofrecidos pola súa entidade bancaria gratuitamente.
Hai un debate lexítimo que se refire ao “límite da producción” que se refire á inclusión, ou non, dos servizos que se proporcionan gratuitamente, un bo exemplo serían os coidados aos nenos, aos anciáns ou a outros membros da familia.
Pero a maneira en que actualmente son usadas as “imputacións” para incrementar a escala do PIB americano seguramente están introducindo graves distorsións nos números xeralmente aceptados para a medición da producción.
Ademais os non existentes dólares (os imputados) non poden ser obxecto de tributación obviamente e isto significa que as imputacións fan que a incidencia dos impostos en Estados Unidos pareza ser moito menor do que realmente é.
Os 4,7 billóns de dólares recaudados pola administración pública representan un 31% do PIB en 2011, pero esta carga tributaria sobe ao 37% se retiramos as imputacións do denominador do PIB.