Miles de persoas maniféstanse con Nunca Máis contra da sentenza do Prestige

Mani Nunca Máis da Coruña 1 Decembro 2013

A sociedade galega está enfadada, está enfadada polo grao de impunidade xerado no sistema xudicial cos responsables políticos e empresariais de catástrofes ambientais e ecolóxicas como o Prestige e a crise.

Miles de persoas nas 7 cidades e máis na Comarca da Mariña Luguesa así o puxeron de manifesto hoxe nas manifestacións convocadas pola Plataforma Nunca Máis contra da sentenza totalmente absolutoria da marea negra do Prestige.

A sentenza inxusta, impropia dun estado civilizado, deixa impune aos responsables cousa que pode ocasionar que mañá mismo ocorra outra catástrofe similar.

Os responsables políticos que irresponsablemente decretaron, en contra das máis elementais regulamentos de actuación contra as meras negras, o alonxamento do océano do barco tampouco foron atopados culpables de neglixencia nin ningún outro delito aínda que para todos sexa evidente a súa comisión.

O señor “Hilillosh de Plashtilina” que tanta responsabilidade tivo no encubrimento das decisións neglixentes que agravaron a catástrofe, é agora Presidente do Goberno do estado español, dun goberno que se desvelou que presuntamente, moi presuntamente habería que engadir, está implicado na corrupción xeneralida en forma de sobres de diñeiro, tal e como desvelaron os “papeis de Bárcenas” e numerosas declaracións de políticos e empresarios que afirmaron ter dado e recibido eses sobres debido á rauda prescripción dos delitos de fraude e soborno.

A plataforma Nunca Máis amosouse disposta a non permitir esta situación e á recurrrir a sentenza xudicial e, aínda que non existe posiblidade de enmenda no inoperante sistema xudicial español, si se poderá recurrir ao Tribunal Eurpeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo ao quedar impune un grave delito contra o Medio Ambiente, que é un dereito fundamental recoñecido dos cidadáns europeos.

Máis no País:

Decenas de miles de personas exigen que contaminar Galicia “no salga gratis”

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/01/galicia/1385917437_312013.html

Galicia berra Nunca Máis e segue en pé contra a impunidade

http://praza.com/movementos-sociais/6025/galicia-berra-nunca-mais-e-segue-en-pe-contra-a-impunidade

Estas entrada foi publicada en Medio Ambiente coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s