Edgewater pagou unha viaxe da TVG a Finlandia para elaborar unha noticia favorable á minaría

Proxecto Edgewater CorcoestoA empresa canadiana Edgewater pagou unha viaxe da TVG destinada a dar unha visión exclusivamente favorable á minaría como a que esta empresa pretende aínda realizar na zona de Corcoesto (Bergantiños).

A empresa canadiana tamén sufragou o gastos de varios medios de comunicación galegos ao país nórdico. Un novo caso de corrupción flagrante na utilización de medios públicos para promover actividades privadas.

A empresa Edgewater leva investidos 27 millóns de euros no proxecto de mina de ouro en Corcoesto e a pregunta que podemos facernos é ¿Cantos destes millóns foron a parar ao peto dos políticos favorables a este proxecto?.

A Xunta de Galiza sempre apoiou este proxecto e mesmo lle outorgou subvencións públicas a dedo ate que as masivas mobilizacións tanto dos veciños da zona como de numerosas persoas (unhas 20,000) en Compostela fixéronlles recuar e desbotar o proxecto. Sen embargo Edgewater aínda se resiste a dar por soterrado o proxecto. Haberá que vixiar que Edegewater non volva a “subvencionar” aos seus valedores xa que estamos en un momento especialmente propicio para as actividades ilícitas.

Despois da declaración da Xunta desbotando o proxecto de Corcoesto as accións de Edgewater Exploration na bolsa de Toronto (Canadá) desplomáronse por iso mesmo seguen tentando recuperar o infame proxecto.

Máis:

Edgewater pagou a viaxe da TVG a Finlandia

para unha noticia da minaría

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/16737.html

Estas entrada foi publicada en Corrupción, Medio Ambiente coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s