A situación real en Chipre. Novembro 2013

Laiki BankNo seguinte artigo recente podemos comprobar como o que se dixo nos grandes medios e por parte dos políticos dos gobernos europeos acerca da crisis de Chipre foi unha gran mentira destinada a favorecer os intereses da banca zombie por riba dos cidadáns.

Os maiores afectados pola quebra do banco Laiki non foron os mafiosos rusos senón as empresas locais que gardaban alí os seus fondos. A taxa de paro duplicouse (pero seguramente está tan manipulada como a de outros países europeos e realmente é moito maior). A saída para a emigración da xente nova do país multiplicouse, así como as quebras de empresas e comercios. Ademais, despois do verán, xa se pode comprobar que debido á mala imaxe internacional de Chipre o turismo (a pricipal fonte de ingresos do país) descendeu.

Algo que habería que engadir e que esta nova non inclúe fai referencia a situación monetaria do país: Segue habendo corralito pero máis moderado (pasouse de 400 a 1.000 € diarios) o que non afecta aos cidadáns individuais pero si ás empresas e, sobre todo, segue habendo control de capitais e calquera trasacción mínima do ou ao exterior require aprobación gubernamental para evitar a evasión de capitais da illa. Agora unha nova previsión é levantala en Xaneiro (a primeira era unha semana despois – a crise foi en Abril).

En realidade o Euro en Chipre xa non vale o mesmo que no resto da UE e, personalmente, non creo que as restriccións se levanten en xaneiro.

La economía destruida del alumno más aventajado de la troika

http://www.elconfidencial.com/mundo/2013-11-27/la-economia-destruida-del-alumno-mas-aventajado-de-la-troika_59394/

Estas entrada foi publicada en Chipre, Economía, Europa coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s