Unha parte de Galiza dispoñible agora con realismo fotográfico en Google Earth

Baiona FotorrealistaGoogle Earth, o coñecido programa de Google para imaxes de satélite ten unha nova funcionalidade “futurista” que cubre parte de Galiza. O que chaman “realismo fotográfico” é unha ferramenta incluída na capa 3D do programa que permite ver as imaxes de satélite como se fosen fotografías aéreas co relevo: texturas de edificios, árbores en 3D…

Quedaríame corto chamando a isto futurista, porque é alucimante. No seguinte enlace podedes ver como queda en Google Maps co exemplo de As Mariñas-Mougás en Oia onde se ve o ilegal Hotel Talaso Atlántico pendiente de derrubamento por unha sentenza xudicial.

https://maps.google.es/?ie=UTF8&ll=42.10103,-8.894564&spn=0.001686,0.00515&t=f&z=19&vpsrc=6&ecpose=42.0966574,-8.89363997,70.3,-8.912,83.402,0.01

As zonas cubertas nestes momentos en Galiza polo “realismo fotográfico” de Google Earth son: Baiona-Nigrán-O Porriño e Lugo.

Aquí podedes ver un listado dos lugares dispoñibles no mundo:

http://es.wikipedia.org/wiki/Google_Earth#Edificios_3D

 

Para poder sacarlle o máximo partido a esta nova capa hai que instalar Google Earth no voso ordenador, está dispoñible gratuitamente aquí:

http://www.google.com/intl/es/earth/download/ge/agree.html

Coidado non aceptedes instalar Chrome se non o queredes realmente. Se vos instala tamén Google Update podedes desinstalalo ao rematar, é mellor facelo, recordade que Google xa sabe demasiado de calquera de nós, e é mellor desinstalalo porque ademais molesta moito.

Para os que xa teñades instalado Google Earth e querades usar estar nova característica tedes que ter a versión 6 ou superior, se non a tedes podedes actualizala facilmente dende o programa mesmo.

Para ver esta funcionalidade en Google Earth tedes que ir abaixo á esquerda da pantalla ao recadro de “Capas” (ou Layers en inghlés), e alí seleccionar “Edificios 3D”, onde hai un recadro que pon “Realismo Fotográfico”. Despois é cuestión de manexar os indicadores de arriba á dereita para achegarvos como un avión a calquera sitio.

Aviso: Esta característica consume bastantes recursos e se tedes unha mala conexión tardará en cargar.

Tamén vos recomendo ter seleccionada a capa atmosfera na que incorporades o tempo atmosférico á vosa visión de Google Earth habitual. Hoxe estaba despexado e así aparece, veremos que pasa cando estea anubiado, Estarán as nubes en Google Earth?…alucinante.

Estas entrada foi publicada en Google Earth coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s