Estase xestando unha revolución en Franza?

Quenelle a Manuel VallsFranza xunto con Alemaña forma o eixo central da Unión Europea. Nos últimos meses a situación económica e política do país galo estase degradando de xeito que acaba de retomar a caída do PIB, mentras a sociedade presenta signos de fartarse da rapina e impunidade da plutocracia que lles goberna.

Tamén se vive unha degradación social similar a que vivimos no estado español posto que o mesmo aquí está sucedendo en toda Europa aínda que xeralmente non pensemos que é unha cousa propia dos países rescatados do sur de Europa.

Os mesmos recortes, as mesmas medidas, non se trata de que no estado español non haxa cartos para pagar a sanidade e a educación, en todos os países da Unión Europea sucede o mesmo plan, incluso nos máis ricos e con desafogo económico. Trátase dun plano a escala europea dirixido polas elites políticas e económicas do continente, non polos ricos e medios da vosa cidade (aínda que si coa súa colaboración imprescindible).

Parte deste plan maestro é a comunicación das noticias por parte dos grandes medios de cada país. As mesmas noticias son realizadas de xeito similar con pequenos matices por parte de todos os grandes medios. Defender aos ricos e poderosos e o estado inevitable das cousas está permitido pero determinadas persoas e determinadas ideas non están permitidas e polo tanto non teñen cabida nos grandes medios (mass merda).

Entre elas moi destacadamente calquera tipo de desacato aos ricos e poderosos, sempre, bueno sempre non…

Que é facer a quenelle?

Quenelle é un postre francés xeado e alongado pero tamén é unha expresión da fala dos barrios que ven sendo “Que che dean”.

Máis ate pouco non existía unha expresión corporal que significase facer unha quenelle, ate que un humorista francés de orixe camerunesa Dieudonné M’Bala (Dieudo) topouse de frente cunha campaña dos principais medios de comunicación franceses destinada a difamalo, día tras día (a que vos sona ao 15 M?) por facer mofa dos colonos israelís nun programa de televisión (por ir contra os que mandan no sistema).

Similar reacción poidemos vela a semana pasada no estado español contra David Fernández deputado das CUP no Parlament de Catalunya, por meterse, con razón, con Rodrigo Rato, por corrupto e ladrón, que provocou a reacción furibunda dos xornalistas paniaguados do poder en todas as cadeas e tertulias da televisión (En todos os países pasa o mesmo, é un sistema).

A historia de David Fernández está ben contada aquí:

http://blogs.publico.es/pablo-iglesias/614/el-maton-david-fernandez

Dieudo

Pois retornando a Dieudonné, hai que reivindicar o seu mérito en pasar do imposible ao impecable e ante a campaña de insultos e desprestixio organizada polos grandes medios contra el ocurriúselle facer un xesto co simbólico significado de “fuck the system” ou “darlle polo saco ao mandamais” como queiramos dicir. Na xiria da banlieu chamóuselle facer unha quenelle e correu como a pólvora por internet. Ate tal punto que as quenelles están por todas partes e os grandes medios están desarmados e impotentes porque para moita xente deixaron de ter credibilidade, e non lles escoitan, mófanse deles.

Chegados a este punto introductorio déixovos co artigo orixinal Estase xestando unha revolución en Franza? que coñecín traducido ao castelán a traverso do blog Investigar-11 S, coa historia de Dieudo e a revolución francesa en marcha, máis polo miúdo e con interesantes dados e vídeos.

Como breve escolma do que atoparedes no artigo este extracto:

Como se pode conseguir un cambio de rexime nunha democracia que foi completamente vendida a unha plutocracia?

1-A violencia claramente non é unha opción.

2-Xogar o xogo electoral é inútil.

3-Tratar de convencer á xente con campañas periódicas de información demostrou ser tamén inútil.

4-Sen embargo, á xente común quédanos aínda unha arma formidable. Podemos amosar claramente a nosa total falta de respeto a este rexime e aos seus valores. Como Dieudo, podemos facelo a traverso do humor e da risa. Todos temos unha razón para rir hoxe en día.

Artigo orixinal: Estase xestando unha revolución en Franza? via Investigar 11-S IMPRESCINDIBLE para entender o mundo que nos rodea.

Estas entrada foi publicada en Europa coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s